21 abr 2013

Asemblea 21 de Abril

Bos días a todos! Hoxe, 21 de Abril, ás 10:00 horas ábrese na Pazo de Congresos de Santiago o debate. Ábrese a Asemblea Aberta de Anova, como paso previo á grande Asemblea que terá lugar no mes de xuño os días 8 e 9. Nesta última non haberá posibilidade de participar sen ser afiliado, polo que a vosa oportunidade para participar é hoxe. Porque hoxe somos todos a puxar polo carro do nacionalismo que dende este partido defendemos. Hoxe somos todos irmáns sen importar as cores máis aló de que temos unha estrela vermella gravada a lume nos corazóns. Hoxe non hai rivaliades, nin piques, nin enfrontamentos, hoxe é día para a inclusión, para a obtención do maior consenso posible, de xeito que se chegue á última Asemblea, aquela onde xa non poderemos estar todos e as couas vaian rodadas. Hoxe é un gran día,
porque se afirma o que se tivo que facer apresuradamente hai uns meses e que ten bo resultado deu. Hoxe pretendemos dar o último chanzo cara uns estatutos e normas que se presupón que seguirán en vixencia arredor duns dous ou tres anos, polo que é importante de cara á formación o resultado que da reunión de todos naza.
Aproveito esta pequena apelación que aquí fago a participar, para destacar o papel das Asembleas dentro da formación, e o que é máis, as Asembleas abertas a todos, que permiten a inclusión e aportación de outros puntos de vista e ideas, permitindo mellorar, corrixir erros e poder valorar as cousas dun xeito máis plural. Interésame aportar isto, máis que nada como unha proba, porque somos "outro xeito de facer política" e por se algún non se enterou aínda, que busque por aí en que outros partidos se fan asembleas e logo mire en cantos outros as fan abertas. E que non se deixe levar polo que poña nos estatutos dos partidos, senón que mire a efectividade dos mesmos, por exemplo na presentación e votación de enmendas. So direi sobre isto que en Anova non hai filtros... Polos demais partidos non apostaría nin un café...
Rematar o comunicado animándovos a asistir a todos aqueles que poidades e dicirvos que á tardiña procederei a colgar tódalas fotos que hoxe faga da Asemblea.
Grazas pola voas atención coma sempre!
Eles van #EuVou #deliberanteAnova Vide!!!
Bran Barral Buceta

No hay comentarios:

Publicar un comentario