26 abr 2013

O paro esta xa fora de todo control.




Onte publicáronse as cifras de Paro en España.  Os datos son demoledores .

6.202.000 parados no estado español.

287.400 parados en Galicia.

Por provincias galegas, temos que os malos datos os encabeza precisamente a provincia de Pontevedra, que con 109.700 parados, chega a unha taxa do 24,87% de parados sobre a poboación activa. Séguelle en porcentaxe de paro, Ourense, cun 23,99% de paro e 32.300 persoas en paro, Logo Lugo, cunha taxa 20,84% e 31.600 parados e finalmente A Coruña, que ten unha taxa de paro do 20,38%, poñéndose nos 113.800  parados.

Pero hai máis datos negativos.  En Galicia 93.000 fogares teñen a todos os seus membros en paro, 12,5% máis que fai un ano.

Estas cifras e as declaracións do ministro De Guindos deste mediodía onde deixou claro que o Partido Popular desiste de que se vaia a crear emprego o longo desta lexislatura, deixan claro que tanto as políticas económicas do PP como a súa reforma laboral non solo non conseguiron ningún tipo de mellora na situación das persoas que viven neste país, en especial das que sofren o drama de non encontrar traballo, se non que esta  situación non vai mellorar como mínimo en tres anos.

Chama a atención en Galicia que as cifras de paro mais alto sexan as da provincia de Pontevedra e de Ourense, núcleos duro do poder do Partido Popular, de tal xeito que cada dia queda máis claro, para a desgraza da cidadanía deste país, que o Partido Popular, alí por onde pasa, arruínao todo, menos os petos dos seus dirixentes.




21 abr 2013

Crónica da I Asemblea Deliberante de Anova 21 de Abril de 2013

Todo comezou como estaba previsto, a iso das dez da mañá. Na mesa Chelo Martínez daba inicio ás nada menos que sesenta e sete "palabras perdidas", termo que provocou os sorrisos en máis dun rostro. Logo do pequeno pero perdoable erro da compañeira e coa mesma cordialidade que dominou toda a xornada os "apalabrados" centraron a atención do público, impaciente por ver se seguiriamos coa liña de discusión  das anteriores veces ou se, pola contra, os pasos dados nestes meses a correr deran os seus froitos na busca dun maior consenso.
Felizmente para todos a situación foi a segunda, alusión a esta situación que acabo de mencionar fixo o

Asemblea 21 de Abril

Bos días a todos! Hoxe, 21 de Abril, ás 10:00 horas ábrese na Pazo de Congresos de Santiago o debate. Ábrese a Asemblea Aberta de Anova, como paso previo á grande Asemblea que terá lugar no mes de xuño os días 8 e 9. Nesta última non haberá posibilidade de participar sen ser afiliado, polo que a vosa oportunidade para participar é hoxe. Porque hoxe somos todos a puxar polo carro do nacionalismo que dende este partido defendemos. Hoxe somos todos irmáns sen importar as cores máis aló de que temos unha estrela vermella gravada a lume nos corazóns. Hoxe non hai rivaliades, nin piques, nin enfrontamentos, hoxe é día para a inclusión, para a obtención do maior consenso posible, de xeito que se chegue á última Asemblea, aquela onde xa non poderemos estar todos e as couas vaian rodadas. Hoxe é un gran día,

19 abr 2013

Comezando

Benvidos todos! O meu nome é Bran Barral, e son o redactor deste blog que hoxe comezamos no que agardamos sexa unha longa andaina. Somos novos nisto, polo que cometeremos erros, pero nin hai nada perfecto, nin hai nada que co tempo non se perfeccione. Se nacemos, é como un medio de expresión e crítica, de diverxencia co imposto, de loita contra o establecido e de defensa dos nosos dereitos e da nosa cultura. Nace no pequeno concello de Meis unha nova alternativa, unha nova oportunidade, unha nova forma de expresión, que anova o panorama político local como xa aconteceu en moitos outros concellos e a nivel nacional. Anova Meis, é máis que nada, a plataforma para o lanzamento das demandas cidadás, é un proxecto de futuro do que acabamos de por tan so a semente que non tardará en xermolar.
Se existimos é porque a vella política, como o seu propio nome indica, está vella, e como se se tratase dun ancián, temos que "xubilala", e dar paso a unha nova forma, un novo xeito, outro modo de facer política. A "velliña" quedou obsoleta, porque os tempos trocan, e ela non foi quen de facelo con eles, e por iso chegamos nós, o relevo.
Temos que actuar dende a base e coa base, dende o cidadán e co cidadán, dende o pobo e co pobo, porque sen xente tras das iniciativas, das demandas, das protestas, non somos ninguén, e a política faise para as persoas independentemente do rexime en que vivamos, polo que a fin de contas, todo se reduce ó apoio popular e á mobilización do mesmo.
A crítica será a primeira palabra que nos defina, porque a crítica, a pesares do que moitos "entendidos" acreditan, non é destructiva, a crítica sempre é constructiva e moito máis útil que unha falsa gabanza.
A segunda verba que nos ilustra é independencia: Non somos un xornal, non respondemos a intereses económicos nin políticos, tan so ós sociais, que son os que nos dán sentido.
A terceira característica nosa é a defensa do noso, entendendo por "noso" a cultura e os dereitos que tanta sangue, suor e bágoas custaron a tantas xeracións. Non podemos permitir que todo o esforzo e tódolos mortos, mártires e martirizados, caian no esquecemento e con eles se esqueza todo o que lograron para eles e seus fillos, porque seus fillos non son outros que nosos pais, avós, e nós mesmos en moitos casos. Así, resistir non é unha opción, porque non podemos permitir semellante atropelo.
Non podemos consentir que se nos roube, si, roube, todo, porque que son as persoas sen cultura e dereitos?

Por todo isto estamos e somos.
Remato este comunicado cunha cita dun dos máis grandes revolucionarios, senón o que máis, da historia, Ernesto Che Guevara:
"Prefiro morrer de pé que vivir de xeonllos"